Sábado, 14 Decembro de 2019

O Concello programa un curso de iniciación á programación de videoxogos

/ Mércores, 25/09/2019 - 14:34
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

As clases serán nas tardes dos sábados dos vindeiros meses de outubro e novembro.

O Concello de Mugardos vai poñer en marcha un cursiño de “Iniciación á programación de videoxogos en 3D” dirixidos a nenos e nenas de entre 10 e 14 anos. Segundo informou a concelleira de Cultura, Lola González, o programa desenvolverase durante as tardes dos sábados nos meses de outubro e novembro, en horario de 17.00 a 19.30 horas, e o seu obxectivo é que os participantes aprendan de xeito práctico as ferramentas.

A empresa Trainnova encargarase de impartir o programa, no que os nenos e nenas poderán crear personaxes e outros elementos en tres dimensións, aprenderán a interactuar co entorno virtual e outros conceptos útiles para a creación de videoxogos. O prezo do curso é de 8 euros ao mes e as persoas interesadas poden inscribirse na OMIX.