Sábado, 19 Outubro de 2019

A ciencia de Harry Potter, este venres nun obradoiro do programa "Ler Conta Moito"

/ Xoves, 26/09/2019 - 16:28
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Para nenos e nenas de 4º e 6º de Primaria.

A concelleira de Cultura, Lola González, recordou que este venres, 27 de setembro, os nenos e nenas de 4º a 6º de Primaria están chamados a participar no obradoiro “A ciencia de Harry Potter”, unha actividade que forma parte do programa "Ler conta moito", de dinamización da lectura e promoción da igualdade. Desta volta a proposta é achegarse á Ciencia desde o universo literario creado por J. K. Rowling. A cita será ás 18.00 horas na OMIX.

A empresa Ceo Aberto encargarase de desenvolver o obradoiro, no que os nenos e nenas farán diferentes experimentos cos que comprobarán que a maxia de Harry Potter non ten cabida no mundo da Ciencia.