Domingo, 8 Decembro de 2019

O local da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega viaxa este sábado á época de Rosalía de Castro

/ Xoves, 26/09/2019 - 15:05
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A entidade acollerá unha cea e a estrea dunha curtametraxe que recolle diversas actividades en torno á relación da poeta co núcleo mugardés.

O local da Asociación de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo viaxará este sábado ao século XIX, na época en que Rosalía de Castro coñeceu a zona e escribiu os versos “Si a vernos Marica, nantronte viñeras / á festa do Seixo na beira do mar, / ti rirás Marica, cal nunca te riches / debaixo dos pinos do verde pinar”. A entidade organiza unha nova “Cea de Rosalía” á que os comensais acudirán vestidos de época, ben sexa con roupa de traballo ou de gala, para degustar un menú “rosaliano”.

Caldo de gloria, pementos de Padrón, compango de porco, patacas asadas, proia, viño e café, así como licores da terra, forman a carta desta particular xuntanza, na que se vai estrear unha curtametraxe titulada “Seixo”. Nela recóllense actividades desenvoltas no marco do proxecto de posta en valor da relación do Seixo con Rosalía de Castro, que co apoio do Concello de Mugardos xa xerou un libro e unha obra de teatro, entre outras iniciativas.

A cea comezará ás 21.00 horas e as personas interesadas teñen que se apuntar previamente, pagando 22 euros.

1576