Venres, 18 Outubro de 2019

Máis de 300 persoas están xa inscritas nas escolas deportivas e culturais, que inician hoxe un novo curso

/ Martes, 01/10/2019 - 16:53
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O prazo de matrícula aínda está aberto ata o día 10 na oficina da OMIX.

O Concello de Mugardos inaugura hoxe un novo curso das escolas deportivas e culturais municipais cunha vintena de actividades e 319 inscricións que aínda poden ser máis porque o prazo para apuntarse está aberto ata o 10 de outubro. A variedade das propostas, o feito de que as actividades teñan diferentes localizacións no municipio e tamén o sistema de bonificacións que aplica a administración local fai que este sexa un programa ao alcance de todos os veciños e veciñas.

Hoxe comenzan as clases de baile moderno, bailes latinos, bailes de salón, danza coreográfica, iniciación á escalada, atletismo, ioga, patinaxe infantil, tai-chi, tenis, tiro con arco, ximnasia de mantemento, zumba e pintura son as escolas que comezan hoxe. Un pouco máis adiante farano tamén a andaina con bastóns (Nordic Walking) e o predeporte, e en función de como se pechen as matrículas poderán terminar de organizarse os grupos.

O prezo da matrícula é de 15 euros e as mensualidades oscilan entre os 5 e os 12 euros no caso das escolas deportivas, e os 13 e os 18, nas culturais, en función das horas semanais. As familias numerosas ou unidades familiares que se apunten a tres ou máis actividades teñen descontos e bonificacións que poden chegar ata o 100%.

As inscricións teñen que se realizar no Departamento de Cultura e Deporte (Oficina de Información Xuvenil) entre as 9.00 e as 14.00 horas.

Ata o de agora creáronse os seguintes grupos e horarios de actividades. Todas están abertas a novas inscricións e cando peche o prazo de matrícula programaranse as que restan. Poderá variar o horario dalgún grupo.

Baile moderno: nas Lagoas, clases de iniciación II os luns e xoves, de 17.00 a 18.00 horas (de 7 a 11 anos); nivel avanzado os sábados, de 11.00 a 13.00 h.

Bailes latinos: nas Lagoas, perfeccionamento os venres, de 21.00 a 22.00 horas.

Bailes de salón-competición: nas Lagoas, nivel perfeccionamento, os sábados, de 16.30 a 18.00 horas.ç

Danza coreográfica: nas Lagoas, Dance IT os sábados de 10.00 a 11.00 horas para menores de 18 anos.

Rocódromo: nivel iniciación, dous grupos durante o primeiro trimestre, os xoves de outubro a decembro, ás 16.30 e ás 18.00 horas.

Atletismo: no CEIP Unión Mugardesa, os martes e xoves de 16.00 a 17.00 horas.

Ioga: na SCR San Xoán, os luns e mércores de 17.30 a 18.30 horas. Nas Lagoas, os martes e xoves de 20.30 horas a 21.30 horas; martes e xoves de 19.30 a 20.30 horas e martes e xoves de 21.30 a 22.30 horas.

Patinaxe infantil: no pavillón do Cristo, nivel iniciación os luns e mércores de 17.00 a 18.00 horas.

Tai-chi: na Casa de Cultura, os luns e mércores de 17.30 a 18.30 horas. Na SAPG do Seixo, os luns e mércores, un grupo de 19.00 a 20.00 horas e outro de 20.00 a 21.00 horas.

Tenis: no pavillón do Cristo, os venres de 16.00 a 17.30 horas e de 17.30 a 19.00 horas.

Tiro con arco: no pavillón do Cristo, os martes de 17.30 a 19.30 horas, para maiores de 7 anos.

Ximnasia de mantemento: no Casino Progreso de Franza, os luns, mércores e xoves, de 16.30 a 17.30 horas. No pavillón do Cristo, os martes e xoves de 11.30 a 12.30 horas e os mércores de 12.00 a 13.00 horas; outro grupo os luns, mércores e venres, de 19.00 a 20.00 horas.

Ximnasia rítmica: no pavillón do Cristo, nivel iniciación (de catro a seis anos), os luns e mércores de 16.00 a 17.00 horas.

Zumba: nas Lagoas, os luns e mércores de 20.30 a 21.30 horas.

Pintura: na Casa da Cultura, organizados dous grupos, un de menores de 18 anos e outro de maiores de 18 anos. O primeiro dará dúas horas á semana e o segundo, catro.