Venres, 18 Outubro de 2019

O Concello promove unha charla sobre a Educación en Igualdade na casa

/ Xoves, 03/10/2019 - 16:14
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A sesión levará por título “Coeducamos” e desenvolverase o vindeiro día 11 de outubro, ás 20.00 horas, no salón de plenos

O salón de plenos do Concello de Mugardos acollerá o día 11 de outubro a charla titulada “Coeducamos”, dirixida tanto a educadores/as como ás familias en xeral. Segundo explicou o concelleiro de Igualdade, Genaro Prieto, trátase de ofrecer orientación para educar en igualdade na casa, con pautas que estean en consonancia cotraballo que tamén se fai nas aulas. A cita será ás 20.00 horas e a entrada será libre.

Os obxectivos da sesión son ofrecer padróns educativos a nais e pais desde un enfoque de xénero, potenciar educación na igualdade de oportunidades como estratexia para a formación de fillos e fillas e elección de libros e materiais non sexistas. O modelo de actuación que se propón vai dirixido a que a educación na casa estea en consonancia co que se está a facer na escola, e viceversa, xa que os dous espazos xogan un papel moi importante no proceso de socialización e a adquisición de identidades dos nenos e nenas.