Venres, 18 Outubro de 2019

Obradoiros de iniciación ás novas tecnoloxías: Informática e Manexo de móbiles

/ Mércores, 09/10/2019 - 09:50
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

As sesións celebraranse os días 14, 15, 16 e 21, 22, 23 de outubro no Centro de Formación Francisco Vizoso e no Local de Maiores.

As sesións do Obradoiro de Informática desenvolveranse no Centro de Formación Francisco Vizoso, entre as 18:00 e as 20:00 horas.

As sesións do Obradoiro de Móbiles terán lugar no Local de Maiores, entre as 09:30 e as 11:30 horas.

Esta formación está incluída no Programa "Accións en favor da Igualdade". Está organizada polo Instituto de Investigaciones Científicas y Ecológicas (INICE), que ten a súa sede local en Barallobre (Fene). Colabora na iniciativa o Concello de Mugardos.

  1. As persoas interesadas en participar e obter máis información poden acudir e/ou chamar ao Centro Municipal de Servizos Sociais de Mugardos (tlfn. 981 47 02 90 ext. 2017).

1580