Venres, 18 Outubro de 2019

Charla para pais e nais sobre a educación en igualdade

/ Xoves, 10/10/2019 - 14:56
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/es

O salón de plenos acolle mañá, ás 20.00 horas, a sesión “Coeducamos”.

O salón de plenos do Concello de Mugardos acolle mañá, 11 de outubro, a charla titulada “Coeducamos”, dirixida tanto a educadores/as como ás familias en xeral, na que se abordarán pautas para que a educación na casa vaia en consonancia co traballo que se fai nas aulas en pro da igualdade. A cita será ás 20.00 horas e a entrada será libre.

Os obxectivos da sesión son ofrecer padróns educativos a nais e pais desde un enfoque de xénero, potenciar educación na igualdade de oportunidades como estratexia para a formación de fillos e fillas e elección de libros e materiais non sexistas. O modelo de actuación que se propón vai dirixido a que a educación na casa estea en consonancia co que se está a facer na escola, e viceversa, xa que os dous espazos xogan un papel moi importante no proceso de socialización e a adquisición de identidades dos nenos e nenas.