Venres, 15 Novembro de 2019

Franza, O Seixo, A Pedreira e Gallada de Piñeiro terán banda larga este ano

/ Xoves, 24/10/2019 - 14:02
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello vén de realizar unha nova consulta a Telefónica sobre o ritmo de implantación das redes de telecomunicacións de alta velocidade no municipio.

O goberno local vén de realizar unha nova consulta a Telefónica en Galicia sobre o ritmo que está a levar a extensión das redes de telecomunicacións de alta velocidade polo municipio.
 
Segundo a información recibida, que se resume no cadro de abaixo, as zonas de Franza, O Seixo, A Pedreira e Gallada de Piñeiro deberían ter cobertura de banda larga antes do próximo ano –en Franza haina parcialmente e na Gallada xa a hai-, mentres que en Rilo e o Camiño Grande a tecnoloxía chegará o ano que vén –a Rilo no primeiro trimestre de 2020 e a Camiño Grande ao longo do ano-.

1596

Desde Telefónica informouse tamén de que os usuarios e usuarias que o desexen teñen a posibilidade de coñecer a cobertura que existe no lugar do seu teléfono fixo ou ben nunha dirección a través do seguinte enlace:

https://www.movistar.es/coberturas

Porén, desde o goberno local recórdase que Telefónica (ou Movistar, que é unha marca do mesmo grupo) é a empresa encargada do despregue das novas redes, pero que os veciños e veciñas poden contratar o servizo con calquer operador.