Xoves, 12 Decembro de 2019

O ferrolán Alberto Toval gaña o certame "Bello Piñeiro"

/ Luns, 28/10/2019 - 15:23
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A artista Carmen Serra levou o premio a mellor obra de autoría local.

O pintor ferrolán Alberto Toval Porta é o gañador do XXIX Concurso de Pintura “Bello Piñeiro”, coa obra “Gallarda”, o retrato dunha vaca galega. O xurado, que se reuniu esta mañá para evaluar as 25 obras presentadas ao certame e emitir o seu fallo, concedeu tamén o premio ao mellor artista local á pintora Carmen Serra García. A entrega de premios será este xoves, ás 20.00 horas, no Local Social de Maiores, onde tamén quedará inaugurada a exposición.

O xurado estivo formado por Suso Basterrechea, licenciado en Belas Artes, profesor de Secundaria e artista plástico; a artista e doutora en Belas Artes Noemí Lorenzo Pérez, e Alexandre Otero Paz, gañador da XXVIII edición do concurso o pasado ano e licenciado en Belas Artes. A concelleira de Cultura, Dolores González Lorenzo presidiu e a administrativa María del Mar Nóvoa actuou como secretaria.

Lola González felicitou aos gañadores e destacou o alto nivel, un ano máis, que acada este certame, o máis senlleiro da vila e que vai dirixido a artistas maiores de 18 anos. O primeiro premio está dotado con 1.800 euros e o premio á mellor artista local con 400 euros.

1601

1602

1608