Venres, 15 Novembro de 2019

O Concello organiza o magosto este sábado

/ Martes, 29/10/2019 - 14:42
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A cita será no Casino Mugardés a partir das 19.00 horas.

O Concello de Mugardos organiza un ano máis o tradicional magosto, que terá lugar este sábado, 2 de novembro, no Casino Mugardés. A partir das 19.00 horas serviranse castañas e liscos a 1€.

A concelleira de Cultura, Lola González, invitou a todos os mugardeses e mugardesas a sumarse e participar da celebración, compartindo un rato de convivencia e festa.

1603