Venres, 15 Novembro de 2019

O programa "Mugardos Camiña" propón para o vindeiro domingo unha saída pola Seaña

/ Luns, 04/11/2019 - 16:07
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O programa “Mugardos Camiña”, que organiza o Concello de Mugardos en colaboración coa Asociación de Veciños de Montefaro, propón para o vindeiro domingo unha saída pola zona da Seaña, no propio municipio.

A concelleira de Deportes e Cultura, Lola González, explicou que a ruta leva por título “dos camiños”, porque vai discorrer polos camiños rurais desta zona, coa finalidade de promover un mellor coñecemento do propio concello ao tempo que se favorece un exercicio físico moderado, ao alcance da maioría, e a convivencia.

As persoas interesadas en participar no programa teñen que comunicalo á OMIX, presencialmente de 09.00 a 14.00 horas, ou ben chamando por teléfono -981 479 338, extensión 1- ou enviando un correo electrónico a deportes@concellodemugardos.gal.