Martes, 12 Novembro de 2019

Espazo Infantil de Xogo de Nadal 2019

/ Xoves, 07/11/2019 - 15:43
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Esta actividade realizarase no CEIP Unión Mugardesa e no CEIP Santiago Apóstolo.

O prazo para a formalización de solicitudes se establece dende o 11 ao 22 de novembro. Estas actividades realizaranse os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2019 e os días 2 e 3  de xaneiro.

O CEIP Unión Mugardesa ofrecerá 30 prazas e o CEIP Santiago Apóstolo 15. Disporase de comedor e almorzo para os nenos e nenas participantes e dous horarios, o horario reducido ( 10.30-14.00h) e o completo (8.00-14.00h) sempre que se chegue a 7 solicitudes en cada un dos servizos.

Para todo o demais, a actividade rexerase polo disposto nas bases xerais de funcionamento e acceso ao Espazo Infantil de Xogo e pola Ordenanza fiscal nº 28 reguladora da taxa pola prestación de servizos complemetarios educativos e de conciliación da vida familiar e laboral.