Xoves, 12 Decembro de 2019

Formación sobre a sede electrónica local

/ Xoves, 07/11/2019 - 16:12
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O vindeiro luns 11 de novembro a aula informática Casa da Cultura ten previstas dúas xornadas, unha para a cidadanía en xeral que será entre as 09.30h e as 11.30h, e outra para as entidades que dará comezo ás 12h e rematará ás 14h.

Todas aquelas persoas interesadas en inscribirse poden facelo na OMIX.

Entidadeslocais.dacoruna.gal é a porta á oficina do teu concello, aberta as 24 horas do día, todos os días do ano.

Desde entidadeslocais.dacoruna.gal podes acceder á sede electrónica do teu municipio para realizar trámites sen ter que te desprazar, a calquera hora do día, os 365 días do ano, e o seu funcionamento é sinxelo e intuitivo.

Esta oficina dixital garante a seguridade do cidadán, que pode empregar diversos mecanismos para identificarse a través da plataforma Cl@ve. Unha vez dentro, a persoa usuaria pode solicitar subvencións, pedir licenzas, obter ao momento o volante de empadroamento, facer e consultar o estado das xestións iniciadas…

1617