Mércores, 11 Decembro de 2019

Mugardos acolle o venres a representación da obra teatral "Invisibles"

/ Luns, 11/11/2019 - 15:54
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A peza, unha das triunfadoras dos premios María Casares deste ano, enmárcase nos actos organizados polo 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

A vila de Mugardos acollerá o vindeiro venres a representación da obra “Invisibles”, que o Concello programou no marco dos actos do 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A concelleira de Cultura, Lola González, destacou a calidade da proposta, que de feito levou tres premios María Casares este ano, entre eles o de mellor dirección, e salientou que o seu obxectivo é contribuír a facer visible a realidade dun sistema machista que degrada, discrimina e asasina mulleres. A representación será ás 20.00 horas no Casino Mugardés, e a entrada será de balde. A obra está recomendada para público maior de 12 anos.

“Invisibles” está baseado no libro da escritora e xornalista Montse Fajardo e conta sete historias reales de vítimas da violencia machista. A compañía Redrum produxo a peza coa financiación do Pacto de Estado contra a Violencia Machista. A actriz ferrolá Marián Bañobre dirixe a obra, interpretada polas actrices Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez.

1619