Mércores, 11 Decembro de 2019

Mugardos celebra a XV edición da súa Carreira Popular de Fin de Ano

/ Xoves, 21/11/2019 - 11:20
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
O evento figura dentro do calendario da Federación Galega de Atletismo.
Mugardos acollerá o domingo 29 de decembro a XV Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Ares-Mugardos. Tras unha concentración previa á saída do evento ás 10:50, o seu inicio terá lugar ás 11:00 da mañá na Casa do Concello de Mugardos e, tra-lo seu remate, realizarase unha clasificación xeral das persoas participantes nunha categoría única segundo os seus tempos. Todas as persoas que rematen a proba entrarán tamén no sorteo de 10 cestas do Nadal.
 
Durante toda a Carreira o tráfico estará restrinxido e todos os cruces controlados por policía e protección civil, debendo os participantes atender ás súas indicacións. A Carreira comprenderá 10 kilómetros no seu percorrido e a súa duración estimada é de entre 31 e 70 minutos.  O sábado 28 de decembro de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30, e mais o propio día da Carreira, o 29, de 9:00 a 10:30, realizarase a retirada de dorsais no Pavillón polideportivo do Cristo. A comparecencia neste acto suporá a confirmación da asistencia á proba da persoa inscrita. 
 
As inscricións están abertas até as 23:59 do mércores 25 de decembro ou até cubrir o máximo de 500 prazas. O prezo é de 4€ e para inscribirse é necesario ter cumpridos os 16 anos na data da proba. Pódeste inscribir aquí.
 
Para máis información acerca da Carreira e o percorrido, podes consultar o seu regulamento.