Domingo, 8 Decembro de 2019

Nos próximos días comezarán as obras de mellora do camiño de Franza de Abaixo

/ Xoves, 21/11/2019 - 13:59
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A intervención, orzamentada en máis de 44.000 euros, conta cunha subvención da Agader.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, informa de que nos próximos días vai comezar a execución da obra de mellora do camiño municipal de Franza de Abaixo, incluída no proxecto que tamén afectará ao camiño do Vilar e que foi recentemente adxudicado á empresa. A intervención nestes dous viais conta cunha subvención por valor de 36.575 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), á que se sumará unha aportación municipal de 7.680,96 euros.

A actuación vai comezar polo camiño de Franza de Abaixo, que ten 320 metros de lonxitude e catro metros de ancho medio, e da acceso ao núcleo de San Vitorio desde a estrada CP-3504. A obra dará continuidade ás obras de mellora que anteriormente executou o Concello en San Vitorio.

As obras consistirán na limpeza de foxos, o recheo das fochancas e a aplicación dunha nova capa de aglomerado en quente, que mellorará a seguridade vial.