Mércores, 11 Decembro de 2019

Obradoiro de Mindfulness a favor de InDiCan e os dereitos dos animais

/ Martes, 26/11/2019 - 12:02
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O evento, no que colaborarán a coach Sabela Naranjo e a asociación InDiCan, será aberto e procurará a concienciación no trato ás mascotas.

Este sábado 30 de novembro terá lugar ás 11:30h no Centro Cívico de Mugardos un taller de Mindfulness, un estilo de reflexión e meditación baseado na compaixón e no altruísmo, a favor da asociación Iniciativa Dignidad Canina (InDiCan), que procura sensibilizar á xente fronte ao trato aos animais e o cumprimento das responsabilidades que conleva a adopción dun can. Sabela Naranjo, coach de intelixencia emocional, será quen imparta a charla e actividades que comporán o taller.

A asociación ampárase tra-la filosofía de que cada contribución, por pequena que sexa, supón unha axuda para a difusión da súa mensaxe. Deste xeito, calquera pode participar no taller aportando penso, latas, colares ou correas, mantas, leitos, pipetas antiparasitarias, xoguetes para cans ou comedeiros, entre as diversas posibilidades.

Para máis información, podes escribir un correo a iniciativadignidadcanina@gmail.com, visitar o Facebook e Twitter de InDiCan e a páxina web de Sabela, ou ben contactar con ela mediante WhatsApp: 655 750 759.

1628