Ao Concello de Mugardos tócalle este ano pintar as liñas de saída e de meta da XV edición da Carreira Popular de Fin de Ano que organiza conxuntamente con Ares. A alcaldesa, Pilar Díaz, e a concelleira de Deportes, Lola González, xunto coa concelleira de Deportes do Concello de Ares, Noelia Montero, presentaron onte a proba, que se vai desenvolver o día 29 de decembro, domingo, e que percorrerá como sempre un traxecto de 10 quilómetros entre os dous municipios.
O
único requisito para participar é pagar os
4 euros da inscrición, que pode realizarse xa a través da páxina
www.carreirasgalegas.com, e ter cumpridos os
16 anos o día da proba.
A saída tomarase desde diante do Concello de Mugardos, ás 11.00 horas, e os
dorsais poderán retirarse con anterioridade o mesmo día - de 09.00 a 10.30 horas- ou a
véspera - de 09.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas - no Pavillón Municipal do Cristo.
A liña de meta estará no Pavillón do Cristo e o xa tradicional sorteo de dez cestas navideñas. Haberá unha clasificación xeral por tempos nunha categoría única. Como en anos anteriores hai un máximo de 500 participantes e o prazo de inscrición estará aberto ata o remate do día 25 de decembro.