Mércores, 11 Decembro de 2019

Nova data para a formación sobre a Sede Electrónica

/ Mércores, 27/11/2019 - 12:30
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A terceira sesión formativa quedou posposta para o 5 de decembro, no mesmo lugar e co mesmo horario das 11:00 ás 13:30 horas.

Para acceder á sede electrónica do Concello de Mugardos é preciso acceder páxina web: entidadeslocais.dacoruna.gal. Dende este portal pódense realizar trámites a calquera hora do día e sen que sexa preciso achegarse ás oficinas do Concello de Mugardos. 
 
Esta oficina dixital garante a nosa seguridade como cidadás e cidadans, permitíndonos empregar diversos mecanismos de identificación a través da plataforma Cl@ve. Unha vez dentro podemos solicitar subvencións, pedir licenzas, obter ao momento o volante de empadroamento, facer e consultar o estado das xestións iniciadas...
 
O seu funcionamento é sinxelo e intuitivo, pero ás veces precisamos de axuda para superar algunhas dificultades propias do medio e alguén que resposte as nosas dúbidas de forma áxil e sinxela...
 
Debido a un imprevisto, o obradoiro que se ía a impartir onte martes 26 de novembro, posponse para o 5 de decembro, no mesmo horario de mañá, entre as 11:00 e as 13:30 horas. Temos unha oportunidade estupenda para aprender a utilizar esta ferramenta. A cita é na Aula de Informática da Casa da Cultura. 
 
Para participar neste obradoriro é preciso inscribirse previamente na OMIX, na oficina de Cultura da Casa do Concello.
1631