Domingo, 8 Decembro de 2019

Festas de Nadal 2019

/ Mércores, 04/12/2019 - 11:50
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O próximo 15 de decembro comenza o programa das Festas de Nadal 2019 do Concello de Mugardos.

  

O Concello de Mugardos presenta o programa das Festas de Nadal 2019, que comezará o próximo día 15 e finaliza o día 31 de decembro. 
 
Haberá actuacións, concertos, merendas e a nosa xa tradicional sesión pirotécnica para despedir o ano.
 
A programación é a seguinte:
  • Día 15: Actuación da Rondalla Mugardesa no Local Social de Maiores ás 19:00 horas.
  • Día 20: Chocolate de Nadal no Local de Maiores ás  16:00 horas. Merenda e música previa inscrición.
  • Día 23: Actuación do Mago Richard Ilusións Máxicas na Sociedade Amigos Paisaxe Galega, espectáculo familiar de maxia, ás 19:00 horas. 
  • Día 28: Concerto de Fin de Ano no Casino Mugardés, ás 19:30 horas , coas Corais:
    • Oliveira de Monte Branco, de Ponteceso.
    • Xúbilo, de Santiago.
    • Estelas do Mar, de Mugardos.
  • Día 31: Despedida do ano con sesión pirotécnica no Peirao Vello.

1636