Mércores, 11 Decembro de 2019

Mugardos contará cunha pista de Pumptrack no Baño

/ Mércores, 04/12/2019 - 11:03
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A obra será financiada nun 80% pola Deputación e o 20% restante irá a cargo do Concello.

O concello de Mugardos contará, no Baño, cunha pista de pumptrack, instalación para deportes de rodas como bicicleta, patíns ou skate que será financiado nun 80% pola Deputación da Coruña. O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e a alcaldesa, Pilar Díaz, asinaron onte o convenio de colaboración. 
 
O vicepresidente e deputado de Plans e Turismo, Xosé Regueira, e a alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz Otero, asinaron o convenio de colaboración para o financiamento das obras da pista de pumptrack no Baño. O orzamento de execución é de 95.525 € dos que a Deputación da Coruña achega 76.420 €, un 80% do total.  
 
A Deputación financia a traves dun convenio de colaboración a construción da pista de pumptrack no Baño, que dotará a Mugardos cun espazo lúdico para o deporte en bicicleta, patín ou monopatíns. Con este fin, destina un total de 76,420,65€ que supoñen o 80% do orzamento total do proxecto. 
 
O vicepresidente e deputado de Turismo e Plans, Xosé Regueira, sinala que o proxecto de construción da pista de pumptrack significará "un novo recurso deportivo e de lecer para as persoas da comarca, en especial para a xente nova,  e tamén turístico para atraer visitantes que, cada vez máis, se trasladan para utilizar instalacións como a que se construirá no concello de Mugardos". 
 
"Este proxecto significa un punto de inflexión tanto para o deporte como para o turismo no concello de Mugardos e esta infraestrutura vai permitir abrir un novo polo de atracción en Mugardos e tamén responder á demanda dos usuarios de bicicletas e outros aparellos de dúas rodas", destacou a alcaldesa Pilar Díaz Otero. 
 
O lugar da instalación é a área libre ubicada dentro dunha urbanización de vivendas unifamiliares pareadas no Baño.
 
1634
 
1635