Mércores, 22 Xaneiro de 2020

Xuntanza do Concello de Mugardos e Navantia

/ Xoves, 05/12/2019 - 14:04
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Iniciativa para a recollida de sinaturas solicitando carga de traballo para o sector naval.

A Alcaldesa e os Portavoces dos Grupos Municiapis do Concello de Mugardos, recibiron hoxe aos comités de empresa de Navantia Ferrol e Fene. Na xuntanza abordouse a necesidade de carga de traballo para o sector naval, que continua a ser un eixo fundamental na economía da comarca de Ferrolterra, e rexistrouse a iniciativa dunha recollida de sinaturas entre a poboación reclamando as administración Galega e Estatal esa tan necesaria carga de traballo.
 
A corporación do Concello de Mugardos comprometeuse a darlle difusión entre a súa poboación e manter xuntanzas co tecido asociativo, coa presenza dos Comités de empresa, para explicar a importancia da súa participación e recabar o maior número de sinaturas posible.
 
1642
 
Descarga o modelo/solicitude de firmas no seguinte arquivo engadido: