Martes, 21 Xaneiro de 2020

Cambio de saída e chegada da XV Carreira de Fin de Ano Mugardos Ares

/ Xoves, 26/12/2019 - 12:33
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Por causa do atraso na finalización das obras de mellora do pavillón polideportivo do Cristo, a organización da proba traslada ao pavillón de Ares a saída e a chegada da carreira.

A recollida de dorsais poderá facerse:

  • O día anterior, sábado 28: no Complexo acuático do Castro en Franza de 9 a 14 e de 17 a 20.30 horas.
  • O propio domingo 29: de 9 a 10:30 horas antes da saída no pavillón de Ares.

O percorrido será semellante ao previsto inicialmente aínda que co cambio de situación da saída e da meta.

Entre as 11:15 horas e as 12:00 horas con motivo da carreira quedarán cortadas ao tráfico as seguintes rúas:

  • Rúa do Cristo
  • Rúa do Instituto
  • Rúa Peteiro
  • Avenida de Galicia
  • Rúa María
  • Estrada Mugardos - Ares

1666