Venres, 28 Febreiro de 2020

Apertura do prazo de solicitude para as exencións municipais nas taxas de auga, lixo, sumidoiros e EDAR para o ano 2020

/ Venres, 10/01/2020 - 12:14
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Apertura do prazo de solicitude para as exencións municipais nas taxas de auga, lixo, sumidoiros e EDAR para o ano 2020.

A partir do día 15 de xaneiro de 2020 ábrese o prazo para a presentación das solicitudes para a exención nas taxas de auga, lixo, sumidoiros e EDAR 20, permanecendo aberto ata o 20/02/2020.

O requisito para a exención é estar empadroado/a no Concello de Mugardos e non ter ingresos superiores ao 125% do IPREM (672,30 €), por todos os conceptos e calquera que sexa o número de persoas que compoñan a unidade familiar. Poderase pedir máis información no departamento de servizos sociais comunitarios do Concello de Mugardos.