Domingo, 22 Setembro de 2019

Febreiro 2011

AXUDAS DO IGAPE PARA O APOIO FINANCEIRO AOS SECTORES DA HOSTALARÍA, COMERCIO, TURISMO E SERVIZOS DAS COMARCAS DE FERROL, EUME E ORTEGAL

/ Luns, 28/02/2011 - 13:11
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/
Resolución do 8 de febreiro de 2011 pola que se convocan para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas do IGAPE ao amparo das bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos sectores da hostalaría, comercio, turismo e servizos da comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

Remodelación das actuais instalacións educativas da “Unión Mugardesa” co fin de acoller un novo edificio destinado ao segundo nivel de educación infantil

/ Venres, 25/02/2011 - 08:40
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/
Na mañá do xoves 24 de febreiro, o alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia e a concelleira Gloria Fornos, acompañados da Directora do CEIP “Unión Mugardesa”, así como dunha representante da ANPA e dun representante do Consello Escolar do centro, mantiveron unha reunión na sede da Consellaría de Educación, en Compostela, co Secretario xeral, Jesús Oitavén Barcala, na que lle amosaron o desexo de transladar aos escolares do nivel de segundo ciclo de Infantil, na actualidade no edificio escolar do Apelón, e integralos no centro da “Unión Mugardesa”, que neste momento, tan só acolle aos escolares de Primaria.

CURSO BASICO DE PREVENCION DE RISCOS LABORAIS

/ Luns, 21/02/2011 - 13:35
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/
CURSO BÁSICO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE 50 HORAS

PRAZA DE AXENTE TIC PARA O CENTRO DA REDE CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS

/ Luns, 07/02/2011 - 10:54
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/
Convocatoria dunha praza de Axente TIC para o Centro da Rede CEMIT do Concello de MUgardos

Entroido 2011

/ Venres, 04/02/2011 - 13:11
Concello de Mugardos - http://concellodemugardos.org/
O Concello de Mugardos, a través da concellaría de Cultura, organiza un ano máis o Entroido, cunha programación que se desenvolvera do 3 ao 9 de marzo. Dita programación conta coa colaboración de diferentes asociacións do Concello de Mugardos.

Concurso de pintura "Bello Piñeiro" "Piñeiro Pose"

/ Xoves, 03/02/2011 - 15:01
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/
O Concello de Mugardos, a través da concellaría de Cultura, convoca a XXI edición do Concurso de pintura "Bello Piñeiro" "Piñeiro Pose", para nacidas/os e residentes en Galicia.

XIV Concurso de carteis da Festa do Polbo

/ Xoves, 03/02/2011 - 14:29
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/
O Concello de Mugardos, a través da concellaría de Cultura, convoca a catorce edición do Concurso de Carteis da Festa do Polbo, sendo este ano a XXI edición da festa.

IV Certame de Poesía Concello de Mugardos -21 de marzo, día da Poesía-

/ Xoves, 03/02/2011 - 14:19
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/
Aviso: por motivos de organización trasladouse a entrega de premios do sábado 26 de marzo ao venres 1 de abril, ás 19.00 horas. O fallo do premio farase público unha vez o xurado emita o seu ditame, en calquera caso antes do 1 de abril de 2011. O Concello de Mugardos, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca a cuarta edición do Certame de Poesía "Concello de Mugardos", co galo do día da Poesía, o 21 de marzo.