Venres, 22 Novembro de 2019

Setembro 2011

CONVOCATORIA PARA ELABORACION LISTA PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MUGARDOS. CATEGORÍA BIBLIOTECARIA/O - ARQUIVEIRA/O

/ Venres, 30/09/2011 - 08:40
Publicada no Boletín Oficial da Provincia nº. 188 de 30.09.2011 a convocatoria e bases específicas para elaboración da lista para a provisión temporal de postos de traballo categoría bibliotecaria/o-arquiveira/o. Prazo presentación instancias: do 1 ao 20 de outubro de 2011, ambos incl. Bases xerais: BOP Nº. 168/02.09.2010. Corrección erro: BOP nº. 200/20.10.2010

O AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ 3 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NO MES DE OUTUBRO

/ Luns, 19/09/2011 - 11:46
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/
O Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Mugardos celebrará 3 cursos no vindeiro mes.

Escolas municipais deportivas e culturais. Curso 2011/2012

/ Venres, 16/09/2011 - 08:02
Información e matriculas: Departamento de Cultura e Deporte; OMIX Prazo de matricula: do 15 de setembro ao 7 de outubro. Horario: de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas. Telefono: 981 470 338; ext.3

IX Certame de relato curto en galego Concello de Mugardos

/ Xoves, 08/09/2011 - 14:01
O Concello de Mugardos, a través da Concellaría de Política Lingüística, convoca a novena edición do Certame. Prazo de entrega dos relatos: do 19 de setembro ao 19 de outubro, ambos inclusive.

VIII Ciberencontro Concello de Mugardos

/ Martes, 06/09/2011 - 08:08
O Kernel é un evento lúdico-tecnolóxico que se celebra en Mugardos dende o ano 2004.Organizado conxuntamente pola Asociación Comunidade O Zulo e o Concello de Mugardos, asisten dende rapaces de 15 anos ata universitarios, electricistas, tubeiros, informáticos... Se gostas de todo o relacionado coa tecnoloxía, os xogos, a rede internet acude ao Kernel 2011: o evento tecnolóxico máis geek de Ferrolterra! Sentimos paixón polo Software e a Cultura Libre, así que se queres aprender ou ensinar swlibre, no Kernel 2011 terás oportunidade de coñecer a moita xente con intereses comúns.