Martes, 15 Outubro de 2019

Decembro 2017

Máis de 400 persoas inscritas na carreira popular de fin de ano dos concellos de Mugardos e Ares

/ Venres, 29/12/2017 - 14:30
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
A XIII edición desta carreira que se celebra o último domingo do ano resulta un novo éxito de participación a pesar de contar con 20 carreiras en Galicia nesta mesma data. Son 433 as persoas inscritas dun máximo de 500 que estableceu a organización

Curso de Holografía na OMIX

/ Xoves, 28/12/2017 - 13:29
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
Os días 3 e 4 de Xaneiro terá lugar o Curso de Holografía na OMIX de Mugardos. Podes inscribirte na mesma Oficina Municipal de Información Xuvenil

O pleno de Mugardos insta á xerencia da área sanitaria a cubrir as baixas na plantilla do centro de saúde

/ Mércores, 27/12/2017 - 19:40
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
A ausencia de profesionais provocou longas listas de agarda e mesmo a inexistencia de consultas de pediatría durante unha semana

Citas festivas e musicais esta semana en Mugardos

/ Mércores, 27/12/2017 - 18:28
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
O concerto solidario "Super Adri Fest" abre este venres un intenso fin de semana na vila

Acordo para a provisión de catro vacantes no cadro de persoal do Concello

/ Mércores, 27/12/2017 - 14:42
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
A proposta saiu adiante sen ningún voto en contra no seo da Mesa Xeral de Negociación

Asinado o Convenio coa ANPA do CEIP Unión Mugardesa

/ Martes, 26/12/2017 - 13:14
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
Este acordo súmase aos que a alcaldesa asinou coas ANPAS dos colexios Santiago Apóstolo e Loyola e o IES Mugardos co obxectivo de financiar e contribuír a dinamización da actividade cultural e deportiva nos centros educativos

O goberno local adxudica as obras de reposición de servizos na Avenida de Galicia e rúa Lousido

/ Martes, 26/12/2017 - 13:01
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, subliñou que en ámbolos dous casos as intervencións servirán para poñer ao día canalizacións moi antigas

Comedor Escolar. Curso 2017-2018: Menú de Xaneiro de 2018

/ Martes, 26/12/2017 - 12:32
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
Consulta o menú do comedor escolar para o mes de Xaneiro de 2018