O requisito para a exención é estar empadroado/a no Concello de Mugardos e non ter ingresos superiores ao 125% do IPREM (672,30 €), por todos os conceptos e calquera que sexa o número de persoas que compoñan a unidade familiar. Poderase pedir máis información no departamento de servizos sociais comunitarios do Concello de Mugardos.
Segundo as bases da convocatoria, aprobadas pola Xunta de Goberno o pasado 11 de xaneiro, as solicitudes terán que presentarse nun prazo dun mes contado a partir do 24 de xaneiro -o día seguinte á publicación no BOP- e as obras terán que estar feitas e xustificadas antes do 15 de setembro.
O luns 15 de xaneiro de 2018 ábrese o prazo para a presentación das solicitudes para a exención nas taxas de auga, lixo, sumidoiros e EDAR 2018, segundo a convocatoria publicada no BOP núm. 5 do 08/01/2018.