Martes, 17 Setembro de 2019

Axudas a organizacións sen ánimo de lucro para realizar actividades

Data: 
13/12/2017 - 20/12/2017
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
As asociación e entidades culturais, veciñais e deportivas e as comisións de festas de Mugardos teñen de prazo ata o mércores, día 20 de decembro de 2017, para solicitar unha subvención do Concello. A convocatoria, que foi publicada o pasado 13 de decembro no Boletín Oficial da Provincia, vai dirixida a entidades sen ánimo de lucro e teñen como obxectivo, tal como explicou a concelleira de Cultura, Lola González, a “realización de actividades de carácter cultural e deportivo, de defensa dos dereitos dos veciños e veciñas ou a organización de festas patronais na vila e as súas parroquias, así como o mantemento das propias entidades”.