A Concellería de Urbanismo vén de informar da posta en marcha dun servizo de supervisión de terrazas para todos os hostaleiros e hostaleiras do municipio que o desexen, co obxectivo de colaborar e supervisar a instalación das terrazas na reapertura dos negocios.

O responsable de urbanismo e alcalde Juan Domingo de Deus, informa de que esta é unha máis das iniciativas postas en marcha conxuntamente coa hostalaría, coa que este goberno municipal está a colaborar activamente na procura do mantemento da actividade económica e os empregos neste sector.

Nesta nova iniciativa, o departamento de urbanismo asesorará aos hostaleiros e hostaleiras tanto na lexislación aplicable como nas medidas que poderían adoptar para a correcta instalación das terrazas e evitar así posibles multas ou sancións. Os interesados deberán chamar ao teléfono do departamento de urbanismo 981 470 338 (extensión #2028) de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

En colaboración cos departamentos de obras e servizos e desenvolvemento e emprego, xa se desenvolveu por parte do Concello un plan de ampliación de espazos públicos habilitados para a instalación de terrazas, incluso acudindo a otras administracións, así como a preparación dunha liña de axudas que permita afrontar as perdas derivadas do estado de alarma.