SEMANA DO 25 DE MAIO AO 31 DE MAIO

LUNS 25 DE MAIO

Hoxe visitamos o museo de Frida Kalho, situado nun dos barrios máis belos e antigos da Cidade de México, a Casa Azul foi convertida en museo en 1958

MARTES 26 DE MAIO

Hoxe desfrutamos de teatro en familia: Rubicundo de Teatro dos Ghazafelhos

MÉRCORES 27 DE MAIO

Hoxe practicamos mindfulness, aprendendo técnicas de relaxación para nenos e nenas

XOVES 28 DE MAIO

Hoxe toca un contacontos precioso: “As pitas baixo a choiva”

VENRES 29 DE MAIO

Cociñando xuntos: hoxe nun minuto teremos lista unha boa larpeirada… galletas!!

SÁBADO 30 DE MAIO

Hoxe xogamos online e temos que salvar a wheely do armageddon!!

DOMINGO 31 DE MAIO

Domingos de experimentos. Hoxe reciclamos e facemos un avión…. Conseguiremos facelo voar?

SEMANA DO 18 DE MAIO AO 24 DE MAIO

LUNS 18 DE MAIO

Hoxe visitamos o Museo Británico, fundado no ano 1753, e que na súa longa historia foi custodiado incluso polo gato Mike.

MARTES 19 DE MAIO

Hoxe facemos unha viaxe moi especial…ao interior do corpo!!

MÉRCORES 20 DE MAIO

Un día máis, execicio e repaso de inglés…. Todo xunto!!

XOVES 21 DE MAIO

Hoxe desfrutamos do contacontos “A casa da mosca chosca”, onde hai unha torta de amoras

VENRES 22 DE MAIO

Cociñando xuntos. Hoxe preparamos un delicioso pan doce.

SÁBADO 23 DE MAIO

Hoxe xogamos a descubrir as partes do noso corpo.

DOMINGO 24 DE MAIO

Domingos de manualidades: O noso castelo de carton para nenos ten unha torre xigante!!

SEMANA DO 11 DE MAIO AO 17 DE MAIO

LUNS 11 DE MAIO

Hoxe visitamos a cidade que nunca durme e o seu parque máis famoso, sabes onde se agochan Alicia e o sombrerero ?... imos buscala mentras paseamos por Central Park.

MARTES 12 DE MAIO

Hoxe facemos unha viaxe no tempo… e aprendemos historia

MÉRCORES 13 DE MAIO

Un día máis, un pouco de exercicio na casa… hoxe ioga!!

XOVES 14 DE MAIO

Hoxe desfrutamos dun orixal contacontos “A vaca que puxo un ovo”

VENRES 15 DE MAIO

Cociñando xuntos. Hoxe preparamos un saudable e delicioso xeado

SÁBADO 16 DE MAIO

Hoxe xogamos a conducir o noso propio coche!!

DOMINGO 17 DE MAIO

Domingos de manualidades: é un ovo? Unha pelota? É un ovo saltarín!

SEMANA DO 4 DE MAIO AO 10 DE MAIO

LUNS 4 DE MAIO

Hoxe visitamos a pirámide de Giza en Exipto…. Historia e ciencia danse a man nesta maravilla do mundo.

MARTES 5 DE MAIO

Hoxe aprendemos a historia do universo… cunha clase desde o planetario de Madrid.

MÉRCORES 6 DE MAIO

Un día máis, un pouco de exercicio na casa… con Cantajuego!!

XOVES 7 DE MAIO

Hoxe desfrutamos dun precioso contacontos “Coelliño branco”.

VENRES 8 DE MAIO

Cociñando xuntos. Hoxe preparamos un biscoito delicioso en 2 minutos no microondas.

SÁBADO 9 DE MAIO

Hoxe xogamos e practicamos inglés!!

DOMINGO 10 DE MAIO

hoxe facemos 6 xogos caseiros con Mayden e Natalia… ExpoCaseros!!

SEMANA DO 27 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

LUNS 27 DE ABRIL

Hoxe visitamos o Castro de Viladonga, declarado Ben de Interese Cultural no ano 2009, destaca na paisaxe da Terra Chá lucense..

MARTES 28 DE ABRIL

Hoxe desfrutamos de “El gran juego de Verdi”, espectáculo pedagóxico sobre historia da Ópera, divertido, loco e colorista

MÉRCORES 29 DE ABRIL

Hoxe practicamos ioga… as posturas do mar!!

XOVES 30 DE ABRIL

Hoxe desfrutamos do contacontos “Os contos do Camiño, A princesa do caurel”

VENRES 1 DE MAIO

Hoxe preparamos a famosa torta de galletas da avoa .

SÁBADO 2 DE MAIO

Hoxe vivimos moitas aventuras xogando online cos nosos Playmóbil

DOMINGO 3 DE MAIO

Hoxe facemos un precioso moneco con calcetíns

SEMANA DO 20 AO 26 DE ABRIL

LUNS 20 DE ABRIL

Hoxe visitamos a Torre de Hercules, Patrimonio da Humanidade desde 2009, é o faro romano máis antiguo ainda en funcionamento.

MARTES 21 DE ABRIL

Hoxe desfrutamos dun magnífico concerto da Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia

MÉRCORES 22 DE ABRIL

Hoxe somos monecos, facemos exercicio… e practicamos ingles!!

XOVES 23 DE ABRIL

Hoxe lemos e cantamos cun amigo que todos coñecemos “O polo Pepe”

VENRES 24DE ABRIL

Hoxe con Telmo e Tula preparamos un delicioso sándwich de atún .

SÁBADO 25 DE ABRIL

Hoxe xogamos ao golf, sen sair da casa, e con Pocoyó!

DOMINGO 26 DE ABRIL

Domingos de experimentos. Hoxe aprendemos, reciclamos e xogamos… Facemos o noso propio coche!

SEMANA DO 13 AO 19 DE ABRIL

LUNS 13 DE ABRIL

Hoxe visitamos o Castelo de Versalles, cos seus fermosos xardíns que poden ser visitados, desde a casa.

MARTES 14 DE ABRIL

Marchamos á ópera: “O lago dos cisnes” adaptada para nenos e nenas

MÉRCORES 15 DE ABRIL

Hoxe toca exercicio, e facemos zuma cos Minions!!

XOVES 16 DE ABRIL

Contaconto “Corre, corre, Cabaciña”: Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón. Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!

VENRES 17 DE ABRIL

Cociñando xuntos. Hoxe facemos un biscoito de noces que recende

SÁBADO 18 DE ABRIL

Hoxe xogamos en familia ao clásico “tres en raya”… pero primeiro hai que facelo

DOMINGO 19 DE ABRIL

Domingos de experimentos. Hoxe atrevémonos cunha lámpada de lava

SEMANA DO 6 AO 12 DE ABRIL

LUNS 6 DE ABRIL

Visita virtual a Stonehenge o máis famoso monumento prehistórico do mundo, e Patrimonio da humanidade.

MARTES 7 DE ABRIL

Espectáculo do Circo del Sol. 60 minutos dun espectáculo inesquecible

MÉRCORES 8 DE ABRIL

Ioga para nenos e nenas. Facemos exercicio practicando as posturas dos animais

XOVES 9 DE ABRIL

Contaconto O Grúfalo. Acompañamos a un rato no seu paseo polo bosque

VENRES 10 DE ABRIL

Cociñando xuntos. Tortitas de plátano moi ricas, fáciles e saudables

SÁBADO 11 DE ABRIL

Hoxe xogamos en familia ao clásico “xogo da oca”

DOMINGO 12 DE ABRIL

Día de manualidades para divertirnos e aprender