O pasado venres 8 de maio celebrouse no Concello a reunión de seguimiento sobre as medidas e actuacións municipais para facer fronte á pandemia do coronavirus. Estas foron as medidas das que se deu conta:

  • Continúa o reforzo do stock de material e EPIs recibido da Xunta.
  • Agradecemento do equipo municipal aos voluntarios e voluntarias de Protección Civil, e a os traballadores de Policía Local e GES.
  • Realizada reunión cos representantes dos hostaleiros do municipio, na que se escoitaron a súas propostas e se presentaron as liñas principais das accións programadas por parte do concello para axudarlles na recuperación da súa actividade.
  • Realizada a entrega de máis de 1200 cubrebocas no servizo de Correos para o seu reparto nos domicilios, empezando polas persoas de máis de 70 anos.
  • Negociada cos representantes dos traballadores municipais a desescalada para a reincorporación ao traballo presencial.
  • Iniciadas as tarefas de desbroce dos viais municipais, e solicitado á Xunta de Galicia e á Deputación da Coruña o desbroce dos seus viais.
  • Recibida o xoves ás 21.23 horas a comunicación da FEGAMP sobre a eliminación das franxas horarias.
  • Peche da comisión de seguimiento sobre as medidas e actuacións municipais para facer fronte á pandemia do coronavirus. Trasladarase a información de xeito transversal nas diferentes comisións informativas constituidas no concello.
  • Agradecemento do equipo municipal aos grupos municipais polas súas aportacións durante este tempo.