Luns, 14 Outubro de 2019

Ordenanza fiscal nº1 reguladora do imposto sobre bens inmobles

Data de publicación:
02/09/2013
Os tipos de gravame aplicables neste municipio, sen prexuízo do réxime transitorio previsto para o ano 2013 no Real Decreto Lei 20/2011, de 20 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financieira para a corrección do déficit público, son as seguintes: a) O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicables ós bens de natureza urbana fíxase no 0´6% b) O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable ós bens de natureza rústica fíxase no ´0´67% c) O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable ós bens de características especiais fíxase no 1´3%