Domingo, 25 Agosto de 2019

Ordenanza fiscal nº 10 reguladora da taxa por licencias de autotaxi e máis vehículos de aluguer

Data de publicación:
16/04/2012
Constitúen o feito impoñible da taxa a prestación dos servizos e a realización das actividades que, en relación coas licenzas de autotaxis e demais vehículos de aluguer a que se refire o regulamento aprobado por Real Decreto 763/1979, de 16 de marzo, se sinalan a continuación: a) Concesión e expedición de licenzas b) Autorización para a transmisión de licenzas cando proceda o seu outorgamento, segundo a lexislación vixente c) Autorización para a sustitución dos vehículos afectos ás licenzas, ben sexa este cambio de tipo voluntario ou por imposición legal