Luns, 16 Setembro de 2019

Ordenanza fiscal nº 11 reguladora da taxa por licencias de apertura de establecementos

Data de publicación:
16/04/2012
Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade, salubridade e calesquera outras esixidas polas correspondentes ordenanzas e regulamentos municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario para o outorgamento por este Concello da licenza de actividade ou como actividade de control posterior ao inicioa da actividade, aos efectos de verificar o cumprimento da normativa (artigo 84.1 LBRL)