Sábado, 19 Outubro de 2019

Ordenanza nº 18 reguladora das taxas pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local

Data de publicación:
23/11/2007
Constitúe o feito impoñible a utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local cos seguintes elementos - Postos e barracas - Mesas, cadeiras e elementos auxiliares - Entradas de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcadoiro exclusivo ou carga e descarga de mercadorías - Materiais de construción, cascallos, valos, estadas e outras instalacións análogas - Ocupación do subsolo, chan e voo da vía pública a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral - Caixeiros automáticos de entidades financeiras ocupando as beirarrúas ou vías públicas - Outros aproveitamentos non incluídos nas tarifas anteriores