Sábado, 19 Outubro de 2019

Ordenanza fiscal nº 23 reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial de dominio público local polas empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil

Data de publicación:
13/04/2011
Constitúe o feito impoñible da taxa regulada na presente Ordenanza, a utilización privativa e aproveitamento especial do dominio público local constituído no voo, solo e subsolo de vías públicas municipais ou outros terreos públicos a favor de empresas explotadoras ou prestadoras de servizos de telefonía móbil que afecten á xeneralidade ou a unha parte importante da veciñanza.