Luns, 16 Setembro de 2019

Ordenanza fiscal nº 8 reguladora da taxa polo servizo de sumidoiros

Data de publicación:
16/04/2012
Constitúe o feito impoñible da taxa: a) A actividade municipal, técnica e administrativa que tende a verificar as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede de sumidoiros municipais b) A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipais, e o seu tratamento para depuralas. Non estarán suxeitas á taxa as leiras derruídas, declaradas ruinosas ou que teñan a condición de solar ou terreo.